O GALP A Mariña-Ortegal mantén aberto o prazo para as axudas FEMP

Aqueles emprendedores que desexen promover algún proxecto relacionado co mar teñen ata o 1 de marzo para formular as súas solicitudes

Marisqueo. GALP A MARIÑA ORTEGAL

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal mantén abertas as súas axudas FEMP ata o 1 de marzo de 2021-última convocatoria- para todos aqueles emprendedores que desexen promover algún proxecto relacionado co mar. As posibles liñas de actuación do teu proxecto son:

  • Mellora da competitividade do sector pesqueiro
  • Creación de emprego e diversificación da economía das zonas pesqueiras
  • Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental
  • Fomento do benestar social e do patrimonio cultural das zonas pesqueiras
  • Reforzo das comunidades na gobernaza
  • Fomento da cooperación

Informan nos teléfonos 982.563.355 / 604.034.748 ou na web do GALP: https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here